luns, 15 de xuño de 2015

Os Pegasos






PARA CHEGAR AO MAIS ALTO
DEBES IR PASIÑO A PASIÑO.

FELICES VACACIÓNS A TODOS.









MARATÓN DE LECTURA
(continuación)

Iria contounos sobre Layka,unha cadeliña que viaxou ao espazo.

Mateo leunos dous contos por teléfono de Gianni Rodari.

E Antía sobre os koalas que son oriundos de Australia.










Merenda no parque para despedirse dos amigos.








MARATÓN DE LECTURA

Lydia contounos sobre a vida dos hipopótamos, eses cabalos de auga.

Marcos sobre os gatiños,emparentados cos tigres.

E Teo sobre os pingüíns,algo torpes andando pero áxiles nadando.












INVASIÓN DE BICHERÍA NA BIBLIOTECA DO CEIP NAZARET!!!

PRECIOSA EXPOSICIÓN E MOI INTERESANTE.










Vaia expectación que levantou Andrea co seu hámster Siete.
Meteuno nunha bola e foi rodando por toda a clase.
Ela informounos sobre os seus costumes e leu moi ben.










Ainoa é unha gran lectora e demostrouno.
Explicounos a vida dos esquíos.
Ao final rematou cunhas adiviñas moi interesantes.








Gynkana de bichos,plantas,facer xabón,un parque enteiro para nós,xeados e sobretodo convivencia.
Que ben o pasamos!




Excursión de fin de curso


A clase de A explicounos en que consisten os maios.
Moitos non sabiamos que son porque en Cangas non se fan,
bueno, no Colexio de Aldán fan maios humanos 
e falamos de facer nós un maio o ano que ven.

Os de terceiro estaban guapísimos 
coas diademas e garavatas de flores.
Encantounos a música e a presentación.











Nairo leunos un poema simpatiquísimo
mantivo o suspense ata o final.







Como fai tanto calor saímos a ler ao patio.
Os afillados encantados.













Que grandes actores e actrices

Ainoa,Carla,Lydia e Sasha.

Despois impartiron unha clase aos compañeiros.
Divertido e difícil isto do cine.




Cine,cine e mais cine





Con moito colorido e moita alegría
celebrou Diana o seu cumple.

PARABÉNS









Continuando coas sesións de contacontos tocoulle o turno a Carla
 que nos contou sobre uns insectos que parece un pao, de ahí o seu nome.
Fixo un, cuns paos pequeniños e houbo moitas preguntas.
Aprendimos o que significa hermafrodita.




 



QUE CHARLA TAN BEN EXPOSTA
E QUE BEN ORGANIZADOS
OS NENOS DE 3 ANOS
QUEDAMOS BOQUIABERTOS
ATA AS PROFES,POR CERTO.

O TEMA FOI: AS ABELLAS
ENCANTOUNOS E APRENDIMOS MOITO.

PARABÉNS!!!









Interesantísima charla da Policía Municipal 
sobre as abellas e a vespa asiática.
Xa sabiamos algo, pero agora estamos feitos uns expertos.

VIVAN AS ABELLAS!!!
LOITA CONTRA AS VESPAS ASIÁTICAS^^^^










Celtia esforzouse en ensinarnos un paso de baile.
A ver se pouco a pouco imos aprendendo.
Ela actuou co grupo de baile folklórico do Colexio
na Festa das Letras Galegas.
Que ben o fixeron!!!









 

Uxía leunos un libro sobre as tartarugas.
Sabiades que o que mais lles gusta comer son moscas secas?









A Inés Bernárdez gústalle competir
 pero tamén compartir con toda a clase 
unhas riquísimas lambetadas
 o día do seu cumple.
FELICIDADES!!!









Anxo Moure invitounos a buscar ao noso xemelgo polo mundo para encontrar A PAZ
Todos queriamos participar e poñernos na pel doutro personaxe.
















SAÍDA POR CANGAS

Charlamos co Alcalde
Subimos ao coche da Policía
Visitamos a Igrexa,a casa de patín
o busto de Soage e" o reló".
E entretanto...,
xogando e falando













MOITOS BECHIÑOS
E
MOITA ARTE






Araña de Nazca


Arte rupestre








Escaravellos exipcios






Escudos gregos e romanos




Láminas de María Sybilla





Cadros de Rousseau








Obxectos con forma de bechiños





Cadros de Miró




Cadros de Yerka





Cadros de Steven Kutcher






Cadros de Durero








Dalí e outros surrealistas






Inés contounos a vida das arañas.

Sabías que as teas de araña son coma garderías para os bebés-araña?

Ata puxo a correr a unha araña polo chan!!!





Felicitamos a Marcos por conseguir gañar
 unha buxaina moi psicodélica.
Que estilazoooooo...!










Que experiencia tan interesante !
Que aventura!
A Biblioteca convertida nun camping e 
nós lendo nas tendas coas lanternas!
Pedimos que se repita!



Aventura lectora






Un novo ciclo de lectores na clase!

Laura contounos sobre a vida dos coellos e...
TROUXO O SEU COELLO
Medrou moitísimo respecto ao curso pasado
e como ten un pelo tan suave todos querían acariñalo.










Adri moi contento o día do seu cumpleanos repartindo as lambonadas.Antes invitounos a un biscoito riquísimo.
FELICIDADES !!!








23 de abril , Día do Libro

Este ano conmemoramos o 400 aniversario da morte de Cervantes, representante universal da literatura española en lingua castelán 
e de Shakespeare en lingua inglesa.






Don Quijote y Sancho Panza








https://www.youtube.com/watch?v=DvNvmhzSUJw 


RECEITA DE FORMIGAS CULONAS
En moitos paises do mundo se comen insectos.
En Europa non temos costume pero actualmente 
os grandes chefs os están introducindo
Ah! que che parece asqueroso, pois pensa nunha nécora.
En Colombia as formigas culonas están consideradas unha exquisitez
Para facerlles unha homenaxe realizaron unhas preciosas e coloridas esculturas






Kevin, recibíu este cumple un agasallo moi especial:
Un barco de madeira feito polo seu bisavó de 90 anos.
Felicidades para os dous!!!



O barco de madeira de Kevin







A nosa fama chegou á clase de 3 anos B e ...
 tivemos que repetir je,je,je!





Na clase de valores, un grupo de alumnas inventamos unha obra de teatro sobre a loita das vespas asiáticas contra as abellas e a representamos para a clase de 3 anos A.
Tamén colaboraron os outros compañeiros.



COMO NOS GUSTA FACER TEATRO




Felicidades polo teu cumple



Lydia,unha nova compañeira moi simpática




Visitamos o museo da Mangallona en Coiro
Encantounos,recomendamos a todo o mundo que vaia.
Ademais nos topamos con dúas sorpresas:
 un cadro da nai de Sasha cando era pequena
e un cadro pintado polo seu avó.
 Camilo Camaño obsequiounos cun cadro de flores para o Colexio
Impresionante como o pintou
Que gran artista!!!










Hoxe tivemos unha presentación moi interesante de Alex sobre os mosquitos, cunhas fotos da evolución deste bechiño desde o ovo ata que se fai adulto.
 Todos lle fixemos a ola! 



24 de febreiro día de Rosalía de Castro
https://www.youtube.com/watch?v=ssXDblEHILE





https://www.youtube.com/watch?v=uOUCIP6iiS4






SEMANA DE ENTROIDO








Félix Rodríguez de la Fuente foi un gran naturalista,defensor e estudioso do medio ambiente e realizador de importantes documentais sobre animais.


https://www.youtube.com/watch?v=Nkee7MJRtRs





E así nos acercamos ao ENTROIDO...con moitos bechiños.

Impresionante creación de xoería.

( Bechiños no Arte)





Máscara de Darth Vader


Laura feliz no seu cumpleanos


JOYEUX ANNIVERSAIRE





O Entroido se acerca e ...
 xa temos que ir preparando
 as nosas coplas
con ritmo caribeño













COMO NOS GUSTA O APADRIÑAMENTO LECTOR
LEVÁMOSLLES DE AGASALLO UNHA VERSIÓN DO CONTO DO VERME 
QUE SE CONVERTÍA EN CARACOL, FEITA POR CADA UN DE NÓS.


UN ABRAZO PARA OS NOSOS AFILLADOS!!!










MOI FELIZ CUMPLE PARA RAÚL








Ane e Raquel dúas rapazas de 5º viñeron a explicarnos como ía  funcionar o novo composteiro que están montando no Colexio os rapaces de 5º e 6º.Así convertimos en nutrientes os restos de comida. 
Tamén podemos traer palla,herbas...para equilibrar e que se cociñe un bo compost.

Noraboa a todos por esta actividade tan positiva para mellorar o Medio Ambiente.

TODOS ERRE QUE ERRE: REDUCIR-REUTILIZAR-RECICLAR.






Andrea explicounos moi ben, moitísimos detalles da colmea da vespa asiática que apareceu na finca dos seus avós.Impresionante mirala de cerca.
Como sabedes esta especie é perigosa e ademais está matando as abellas.







FELICIDADES  NAIRO POLO TEU CUMPLEANOS
E TAMÉN PARA ANXO O TEU IRMÁN XEMELGO.








E agora ...e mentres esperamos aos Reis Magos
imos cantando con Mamá Cabra.
FELIZ ANINOVO PARA TODOS.









Unha sinxela panxoliña
 creada a partir dun poema de Manuel María.
Aprendea e deixa a toda a túa familia coa boca aberta nestas festas.









Xa coñecemos a este mítico personaxe do Nadal en Galicia.O Apalpador
Antiguamente baixaba en Noiteboa polas montañas do Courel e Ancares...
Pero agora xa se move mais por outros lugares.
O noso Colexio organiza un "flashmob"e a ver se da chegado  a Cangas.

O que estamos seguros é de que o baile encántalle así que...
Se pinchas na imaxe verás o video de Brinca Vai e 
se vas a páxina do CEIP Nazaret
 poderás practicar os movementos do baile.
Veña todoooooooos!!!!!!!!!!!!!





https://www.youtube.com/watch?v=qZPsO5m_Tns





Xa falta pouco para o Nadal
Pincha nos Clanners e escoita a canción de La Oreja de Vang Gogh
Temos que sacar a luz que temos dentro e mantela encendida todo o ano.



https://www.youtube.com/watch?v=fOgm8I9OJsg





QUE DIS...
SON ABELLAS OU FORMAN PARTE DA ORQUÍDEA?
Entra en Bechiños con moita arte e aprende.
Quedarás moi sorprendido.

  

ORQUÍDEA  ABELLA




   Bueno amigos,presentamos o tema deste curso
Bechiños con moita Arte
Aquí temos a enorme escultura dunha araña feita pola artista Louise Bourgeois.
Está instalada no museo Guggnheim en Bilbao.
E sabedes como a titulou?  MAMÁ
Da que pensar eh!!






 XA FALTA POUCO PARA O SAMAÍN
PINCHA NA CABAZA E APRENDE
ESTA MARCHOSA CANCIÓN.









   Coa música de Vivaldi, disfrutamos nesta estación de OUTONO na que estamos. Video cunhas fotos preciosas. Ao mellor queres pintar,mentres escoitas o que a música vai suxerindo: auga,vento,o solo e os bechiños...

vivaldi



A darlle ao coco con este PASAPALABRA

https://sites.google.com/a/genmagic.net/pasapalabras-genmagic/areas/lenguaje/antonimos-1 




É mellor darlle un repasiño á multiplicación
con este xogo e así descubrirás o que se esconde


http://www3.gobiernodecanarias.org/medusa/eltanquematematico/Tablas/TablasIE.html 



Con este, seguimos a reflexionar, xa sabedes:
 sobre non liarnos e esas cousas.

https://www.youtube.com/watch?v=TiNUaHXsjBA




Un video para reflexionar agora que xa comezamos as clases e hai que convivir.


https://www.youtube.com/watch?v=LAOICItn3MM 




Moi interesante esta audio- guía do Museo do Prado

Entra en AUDIOGUIAS INFANTILES e 
unha princesa e un príncipe
 faranche a presentación dos cadros.
Que os disfrutedes!!!




https://www.museodelprado.es/pradomedia/?pm_subcat=10&pm_cat=2&pm_video=on&pm_a




Ahí vai un faciliño para refrescar as ideas



https://www.youtube.com/watch?v=8PBcTnARJ9U


Ola a todos! xa falta pouco para comezar as clases.
Que pena!!!
 pero bueno tamén queremos  volver ao Cole e estar cos amigos.
 Haberá que repasar algo, despois de todo o verán á bartola.

Imos continuar co noso blog así que seguimos...